Un espazo propio é un lugar rodeado de nada por todas partes. Norte, sul, leste, oeste. Cal é a referencia?. O Norte magnético xa non está onde estaba. Entón, onde estou eu neste preciso momento?, cal é a brúxula axeitada?. Sei que estou a emerxer á superficie e pregúntome onde están os cantautores?, onde o meu unicornio azul?. Decátome da estela que fica cando estou na miña soedade e concluo: Ceci n´est pas une chanson d´auteur