Cuestión de física ou química?

Cuestión do pensamento ou da costume?

As definicións, as identidades, os amores, as necesidades, ben, esas cousas…. Bioloxía? Ou cultura?.

Dous seres humanos en escena. Sábense humanos, pertencentes a esa especie ou cando menos deso lémbranse. Un aquel fai que se vaian confrontando entre eles na procura de lembrar cómo chegaron aquí, neste momento. Son un e unha, esto é relevante?. Quérense explicar, non , máis ben precisan explicar para se atoparen a eles propios. Para atopar algo que os suxete a este momento. Único. Tiran de todas as armas que posúen e das que non posúen (ou lembran ter). As inventan.

Invitan a outra, a outro por ver se teñen máis información ou algo que os leve … a esa identidade agochada nalgún recoveco do cerebro.

Cando non lembramos o noso pasado, perdememos a nosa identidade?

Cando non lembramos a onde suponse que queremos ir e cómo queremos ir, facémolo dende algunha clase de identidade?

Cando o entorno rexeita a propia colocación momentánea, perdemos a nosa identidade respecto do colectivo?

Cando non sabemos xa cómo conquerir a felicidade, é resultado dun puro proceso electro-químico-xenético ou é o resultado dun vagaxe histórico non superado?