Nin contigo nin sin ti
Nin contigo nin sen ti.
Nen contigo nen sen ti. Por qué aínda sigo aquí, contigo?. Por qué sigo aquí?. Polo día rumio unha e mil veces a noite anterior, o día anterior, a semana anterior, o ano anterior. De noite, a túa ausencia tornase presenza fría, un grande valeiro medra aquí, aínda que estés ao meu carón.
Sinopse do espectáculo:
Tres mulleres coas súas soedades particulares e nembargantes recoñeciblemente comúns a calquera, comparten co auditorio o seu xeito de estar, de sofrer, de anhelar, as veces facendo uso da palabra, outras amosando a meoción a partires do movemento. Nembargantes todo, palabra e movemento, danzan as historias personais.
Días masticados, noites frías: nen contigo nen sen tí é unha visión deses espazos íntimos a partires dos que suscítanse reflexións sobre o xeito de plantexarse o mundo das relacións. Pasamos do sorriso á emoción máis dolorosa, artellando unha viaxe interior, sen velos, nin excusas.