Comeza a súa andaina no ano 2003 na cidade de Vigo como consecuencia da disolución de Dobre Xiro Danza, sendo aínda a cía profesional de danza contemporánea con máis percorrido temporal e de producción no sur de Galicia.


    Como proxecto dancístico, Disque Danza continúa a filosofía da cía anterior no canto a participación,  colaboración e intercambio con outros eidos artísticos e sociais. A súa afinidade co teatro, en concreto, leva a cía nos últimos anos a colaborar e coproducir con A Factoría Teatro; dada a natureza das propostas escénicas de Disque Danza, esta é unha evolución compretamente natural que lle leva a conquerir  unha linguaxe claramente mestiza entre a danza e o teatro, facendo incursións en pexperimentacións performáticas.


    A súa responsable é Olga Cameselle que asemade segue a colaborar con artistas plásticos e de video creación, así como proxectos musicais e teatrais para os que habitualmente coreografía ou dirixe movemento escénico.

   

    Entre as últimas obras producidas atópanse:


      

Des-memoria-2.html
E_me_deixo_enlear.html
Menu_Vexetal.html
Cadanseu_Chapeu.html

Des-memoria-2

E me deixo enlear

Menú vexetal

Cadanseu Chapeu

Nin_contigo_nin_sin_ti.html

Nin contigo nin sen ti