Partindo dos dous eixos centrais de “Alicia no país das Marabillas” de Lewis Carroll, a xuízo da equipa pedagóxica do proxecto: Alfredo Rodríguez, Antonio Salgado, Paula Carballeira e Irene Amado;  son:
 A tradición na narración oral e escrita na literatura inglesa.
 As máximas educativas da época victoriana.
 A imaxinación e fantasia do mundo subterráneo.

Propoñemos esta peza para público adulto, facendo una adaptación da mesma de mans de Paula Carballeira, seguindo os seguintes obxectivos estéticos - estilísticos e de contidos no espectáculo: “Alicia & Alicia”.
A tradición na narración oral e escrita na literatura galega.
As máximas educativas transformadas en valores da nosa época: 
A Imaxinación e a fantasía por medio da música, do estilismo, do movemento escénico , e dos tratamentos das imaxes visuais proxectadas, que sosterán esa adaptación ao mundo adulto o achegamento de Alicia consigo mesma, a través dunha viaxe ao mundo dos seus soños.
ALICIA; o que contamos, sinopse do texto.
Un coello branco pasa por diante de Alicia que se aburre. Ata aquí, todo ben, todo normal, e a ela tampouco lle resulta moi estraño que o coello diga que vai chegar tarde e que consulte un reloxio de peto que leva no sombreiro. Alicia decide perseguir o coello e métese detrás del nun tobo. 
Podería considerarse un conto para o neno que todos temos dentro. Está baseado nunha continua ilóxica capaz de marear a cualquera lóxica, na que radica a seu sentido cómico. Tras una longuísima caída, nada ten sentido, ou polo menos as cousas teñen un sentido diferente. Alicia medra e mingua, as carreiras e os partidos de croquet non teñen reglas, un rato conta unha historia seca, un lirón conta unha historia breve, unha eiruga azul fuma en narguile, un gato aparece e desaparece, a Raíña de Corazóns só pensa en cortar cabezas e os seus naipes só queren complacela, para a Duquesa todo ten que ter moralexa...Alicia comeza a dubidar de quen ven sendo, de cal é o verdadeiro mundo que a rodea.

Alicia & Alicia é un espectáculo de teatro e danza, cun apoio audiovisual.